Prezadas familias, chegou o momento da despedida. Para as cativas e cativos foi un ano cheo de experiencias, aprendizaxes, retos e crecemento persoal... pero tamén o foi para nós, as titoras. Coñecer aos vosos fillos e fillas foi unha experiencia insuperable. Encheron o noso ano de traballo, moito, pero que moito traballo que deu os seus froitos... pero sobre todo foi un ano de risas, de apertas e agarimos, de bicos e sorrisos... que fixeron que para nós este curso sexa inesquecible.
Grazas a vós, as familias, xa que sempre nos sentimos apoiadas. Amosáchedes gañas de axudar e participar das experiencias das cativas e cativos, foi verdaderamente enriquecedor tanto para as nenas e nenos coma para nós. Por iso adicámosvos esta despedida. Coma sempre, esperamos que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario