Titorial dos Expertos en Sementeiros de 1º

 

Ola! As cativas e cativos de 1º A e B xa somos expertos no cultivo e coidado das plantas. Por iso mesmo queremos compartir convosco un titorial de cómo debedes facer para plantar con éxito as vosas sementes!
O alumnado vai explicarvos cales son os pasos a seguir, e ademais ides poder escoitar de primeira man que tal nos saíu a nós a experiencia este ano na aula!

Por certo, fixeron xenial a preparación do titorial e pasáronno moi ben gravando os audios. Canto creceron desde que comezamos o curso! Parabéns a todos.

Desfrutade do vídeo!



Comentarios