Flowers 1º

Despois de traballar co ciclo da árbore en inglés, e aproveitando tamen a temática do disfraz do entroido, continuamos nesta mesma liña afondando un pouco sobre as flores e as súas partes. Deste xeito reforzamos o vocabulario traballado anteriormente xa que a árbore e a flor comparten varios termos de vocabulario (roots, leaves, flower) e ampliámolo con novos termos (stem, petals).

Falamos tamén de como "beben" as flores, por onde collen a auga... e aproveitamos para facer un experimento que exemplifique isto claramente, como a flor "bebe" auga e como a leva por tódolo seu corpo.

Coas flores brancas que vos pedimos, colocamos cinco vasos con auga. As nenas e nenos botan unhas gotiñas de colorante para tinguir o auga (blue, red, yellow, purple, green). Unha vez temos os vasos preparados, cada neno e nena colle unha flor e elixe a cor coa que quere probar o experimento.

Funcionará?

Fai clik na imaxe para ver o vídeo!



Comentarios