Traballando en inglés sobre o proxecto escolar R que R, tratamos o tema do ciclo infinito da natureza a través das árbores frutais.
Presentámoslle ao alumnado con diferentes froitos (apple, orange, lemon, tomato, kiwi), para que poidan apreciar os sementes que se atopan no seu interior.
Unha vez vistos os froitos e as súas sementes, xa que están a traballar sobre os seres vivos en ciencias da natureza, aproveitamos para ver un vídeo sobre o proceso de crecemento dunha planta dende que se pon a semente na terra.
Vendo o paso dos días e as diferentes etapas con claridade, traballamos o vocabulario relacionado coas partes dunha planta ao longo do seu proceso de crecemento (seed, roots, trunk, branch, leaf, fruit, flower).
Finalmente, cada equipo terá que colorear con xiz un froito ou a súa árbore correspondente (apple, pear, banana, plum, peach, lemon).
Comentarios
Publicar un comentario