Para conmemorar o Día Internacional da Muller, os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos investigando...
Mulleres que fixeron historia
Mulleres que fixeron historia
As mulleres que investigaron ao longo destes días foron: Cleopatra, Amelia Earhart, Hipatia, Agatha Christie, Coco Chanel, Hedy Lamarr, Frida Kahlo, Jane Goodall, Rosalind Franklin, María Callas, Marie Curie e Ana Frank.
Esta investigación pasou por distintos momentos:
Nun primeiro momento, fixemos un sorteo das mulleres que iamos a investigar. Logo, investigamos de forma individual nos nosos fogares sobre esa muller extraordinaria e cubrimos unha ficha técnica cos datos máis salientables.
Despois, no cole expuxemos cada un de nós dentro do noso grupo cooperativo a información que obtivemos e fixemos a ficha técnica final que recolle todo o que aprendimos.
Por último, expuxemos oralmente toda a nosa investigación ao resto dos compañeiros e fixemos un mural chulísimo que se pode ver na entrada principal da escola.
Aquí vos deixamos co produto final. Sen dúbida, somos uns bós e boas investigadores/ as.
Ao mesmo tempo a rapazada de 2º fixo unha pequena investigación sobre seis desas mulleres que expuseron por grupos na clase. Ademais, elaboraron un fermoso mural para decorar a porta da aula. 👇👇👇
Comentarios
Publicar un comentario