Mércores 1 de abril de 2020 (2º de Ed. Primaria)


Ola rapzxs! Fixádevos na imaxe de entrada.....

Imos  facer algunha actividade hoxe.

Segue observando o tempo e colorea a casiña correspondente. Hoxe seguro que estreas a barra de 🌞.
Tamén, presta atención á túa semente. Xa sabes, como está, medrou? ten sede? afogáchela?
Así están as sementes da miña casa:


Onte seguro que estiveches lembrando moitos animais para facer a ficha do que elixiches. Hoxe escribe, en galego, 5 ou 6 oracións con nomes de animais.
Se queres podes seguer a facer fichas doutros animais que che interesen porque así aprenderás unha morea de datos sobre eles coma o nome científico ou algunha cousa que te chame moito a atención.

Agora podes xogar un pouquiño a:



Ao principio do traballo de hoxe viches un cadro, este tipo de cadros onde normalmente hai comida, chámanse BODEGÓNS, moitos pintores famosos pintaron bodegóns. 
Mans á obra! Aproveitando a comida e obxectos da túa casa, colócaos dun xeito bonito e debuxa un bodegón. Podes pedir axuda para colocar os elementos. É cuestión de debuxalo amodiño e tentar de darlle cor con calma. Tamén pode intentar a túa familia debuxar o bodegón. A ver cal queda máis chulo.




O bodegón do peixe foi pintado por LUIS SEOANE, pintor que da nome á nosa aula.

Ah! A solución do rompecocos de onte é a figura C.

Aproveitade o día para cociñar, axudar e aprender algo novo do que máis vos guste. Lembrar tamén dar as grazas a quen che está axudando tanto nestes  días.

Unha gran aperta virtual!  🤗

Comentarios