Luns 30 de marzo de 2020 (2º Ed. Primaria)

Bo día: 

É luns, xa cambiou a hora e costou un pouquiño máis erguerse. Agora xa estás preparadx para facer algunha tarefa. Pois, adiante!


XOGA A A ESTE EXERCICIO DE ATENCIÓN:


E A ESTOUTRO:


LENGUA CASTELLANA

Ahora vas a contar lo que recuerdes de todo lo que hemos leído sobre el viaje de Magallanes y Elcano.
Cuéntalo ordenadamente y escribe, por lo menos, 6 oraciones.
Recuerda, el viaje fue muy largo.... Si no lo acabas hoy puedes continuar mañana.


Segue observando a túa semente e anota algunha novidade.

Mira tamén o tempo que fai cada día para poder facer unha gráfica, podes ir anotando nunha cadrícula do tipo:


Debuxa os símbolos do tempo debaixo e vai dándolle cor a unha cuadrícula cada día, empezarás a ver a información nun diagrama de barras.

Copia e completa o seguinte texto escribindo correctamente as contraccións:

Esa rapaza vai  (en o) coche (de a) súa tía. Collín a mazá (en unha) maceira moi grande. Podes cortar a masa (con 
os) coitelos (de o) pan. O paxariño canta (en unha) árbore (de a) miña casa. Fago os exercicios (en a) mesa (de 
a) habitación.

Ben, para rematar, a solución da adiviña que seguro xa descubriches: é a letra M !

Para pensar un pouquiño hoxe:
Aquí estamos doce hermanos; yo, que el segundo nací, soy el menor entre todos: ¿Cómo puede ser así?


A navegar un cachiño con este traballiño!

Lembra observar a túa semente,regala e dar as grazas aos demáis.



Comentarios