UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!

Bos días compañeirxs!!

Hoxe imos facer un pequeno traballo de memoria para os máis valentes, espero que sexades todxs!!

Ides ver a seguinte imaxe dos animais durante un MINUTO E MEDIO (pedirlle axuda a alguén para que os conte o tempo). Unha vez que pasou o tempo, vades sacar a imaxe de diante e teredes que responder as preguntas que os deixo aquí debaixo:

  • Que animais hai?
  • Hai menos elefantes ou menos leóns?
Agora que xa temos a mente preparada realizaremos unhas pequenas tarefas:

  • MATEMÁTICAS:
Escribe nun papel un problema matemático onde a operación que teñas que facer para resorvelo sexa unha SUMA de dúas cifras.

  • VALORES:
Gustaríame que visualizarades o seguinte vídeo títulado "El hombre orquesta":


Faranos reflexionar sobre a importancia de compartir e de que as rivalidades nunca levan a un bo fin. Do mesmo modo, destacaranos que o traballo en equipo sempre é máis gratificante porque a unión lévanos ao éxito. 
Por último, debuxa o que máis che gustou do video e fai nun anaco de papel unha pequena reflexión sobre si consideras que os homes orquesta do video fixeron o correcto para conseguir a moeda.

  • PLÁSTICA:
Propoño a creación de diferentes materiais relacionados coa temática do PDI. Pero cunha condición que se fagan cos rolos do papel hixiénico. Algunhas ideas do que podedes facer son: faros, embarcacións de todo tipo, prismáticos, etc. 

SORPRENDÉDEME!!!!

Isto sería todo por hoxe, recordade que vémonos o luns que mañan ímonos de ponte virtual polo que animo aos máis curiosos que viaxedes a través de Google Maps a un lugar que este na outra parte do mundo. Xa me contaredes a onde fúchedes!


UNHA APERTA ENORME!

Comentarios