Mércores 25 de marzo de 2020 (1º Ed. Primaria)

Ola a todxs, antes de comezar o día estou moi CONTENTA porque vi que moitxs de vos participachedes no xogo do Kahoot!!!

Hoxe gustaríame deciros que sodes uns grandes loitadxres xa que o que estamos a vivir estos días supon un esforzo terrible. Estades aprendendo moitas cousas boas para as vosas vidas, lembrades os monstruos de cores que temos na clase? pois vós cada día estades aprendendo a xestionar as vosas emocións para poder levar este illamento da mellor forma posible: cos nosos pais, os nosos avós, os nosos irmás, as nosas irmáns, etc. Polo que, só podo decirvos NORABOA por estas xestións!

Despois desta pequena introdución gustaríame, se estades dacordo, que aproveitemos este tempo para avanzar na investigación do noso proxecto. 
Lembrades que estivemos falando de que eran os faros non? Pois como moitxs de vós sabedes Magallanes deu a primeira volta ao mundo. Nos imos a recrear esa volta pero parándonos en diferentes lugares importantes polos que pasou Magallanes e buscaremos información sobre os diferentes faros.
Destacar que na época na que Magallanes deu a volta os faros todavía non existían.
A continuación vouvos mostrar un mapa do mundo no que está marcado a nosa primera etapa que é o lugar de onde saiu, esto o sabedes todxs.


















Para aqueles que estades despistadxs foi no lugar de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz), polo que gustaríame que buscarades a seguinte información:


FARO DE BONANZA

  • NOME DO FARO:
  • COORDENADAS:
  • LOCALIZACIÓN:
  • OCÉANO:
  • ALTURA:
  • ANO DE CONSTRUCIÓN:

Pero claro o máis divertido ONDE IMOS ESCRIBIR A NOSA INFORMACIÓN? Os propoño a seguinte manualidade coa axuda dun adultx:

Imos envellecer un folio para que parezca un papel moi moi antigo. Polo tanto, mans a obra.




Materiais que necesitamos:

  • Folio.
  • Café.
  • Bandexa.

Instrucións:

1.      Pon o folio enriba da bandexa.
2.      A persoa adulta deberá facer un pouco de café.
3.      Unha vez que temos o café feito ímolo verter por riba do folio branco.
4.      Ensucia todo o folio.
5.      Deixao reposar 10-15 min.
6.      XA ESTÁ FEITO!

Recomendoche que o deixes secar ata mañán.

Xa para rematar gustaríame que lle cantedes BEN FORTE a ANTÍA que hoxe está de aniversario, pero onte tamén estivo CANDELA e a seman pasada SAMUEL. Polo que foron TRES cumples e debedes berrar moi alto para que cada un os escoite nas súas casas!!!





UN SAÚDO ENORME, MAÑÁN CONTINUAMOS CON MÁIS COUSAS!! :D


Dale a cada día la oportunidad de ser el mejor día de tu vida.

Comentarios