Luns 30 de marzo de 2020 (1º de Ed. Primaria)

Bos días compañeirxs!!! Como estades? Espero que esteades todxs moi ben e que pronto volvamos a vernos.

Antes gustaríame saber se fuchedes capaces de resolvelo enigma do venres! Aquí tendes a solución:



Imos comezar o día de hoxe retomando a clasificacións dos animais que xa viramos: os mamíferos, as aves, os peces, os anfibios e agora veremos os INSECTOS.
Eses bichiños que a máis de algún/algunha nos da pequenos escalofríos cando os vemos.

Comezaremos vendo o seguinte video:


A continuación, ides escribir nesa libreta ou folio onde estades a facer as tarefas estos días a seguinte información relacionada cos insectos:

OS INSECTOS

  1. Non teñen ósos, polo tanto son INVERTEBRADOS.
  2. Teñen dúas antenas e seis patas.
  3. Nacen de ovos, son OVÍPAROS.
  4. Algúns teñen dúas ás (mosca) ou catro (bolboreta).
Exemplo: mosca, xoaniña, bolboreta, etc.

Agora, gustaríame que facérades un debuxo dalgún insecto e que indiquedes algunha das súas partes.


Cambiando de tema, imos separar as palabras das seguintes oracións:
§         Ariadnadibujoungranarcoiris.
§         Lucastieneunlibrocurioso.
§         Noépreparaunbizcocho.
§         AAmaralegustanlosanimales.


Para rematar o día imos facer as seguintes operacións:
111+111=                                         25+60=
44+56=                                             80-36=
69-49=                                              55+32=

Ata mañan moita forzaaaa!! :P
Lembrade anotar o tempo de hoxe! 





Comentarios